Terceira Sesión
Na terceira sesión seguiremos falando dos roles dos castelos e completaremos a actividade da dramatización creando AS VESTIMENTAS DA ÉPOCA.
Dependendo da personaxe que teña cada neno e nena crearemos diferentes vestimentas.
Estes traxes faranse na aula partindo de bolsas de cores (que virán cortadas a medida dos nenos e nenas da casa) e con vestimentas traídas de casa. Ademais crearemos na aula os complementos e decoraremos os traxes.
Esta actividade levaranos aproximadamente media mañá, xa que todas as nenas e nenos deben rematar as suas caracterizacións.
Unha vez rematada a elaboración das vestimentas, faremos unha ASAMBLEA onde falaremos da salida de campo do día seguinte.
Confirmaremos que ao día seguinte iremos ao Castelo de Sobroso e preguntaremos que saben sobre él e se alguén foi algunha vez.
Tras rematar a asamblea, faremos a actividade de A NOSA RUTA, onde poremos no chan da aula un mapa mudo da zona e aparecerán marcados o noso colexio e o castelo. Todos xuntos crearemos unha ruta para chegar ao castelo e colgaremolo na aula.

Comentarios
Publicar un comentario