Primeira Sesión

Nesta primeira sesión, a primeira actividade que realizaremos será unha ASAMBLEA, para así partir dos coñecementos e das ideas previas do noso alumnado sobre o tema.
Unha vez que sabemos cales son os seus coñecementos, faremos unha moi breve e sinxela explicación sobre que é un castelo e cales son os castelos que eles coñecen e que temos na zona, axudandonos de soporte visual.

Tras inicialos no tema, pasaremos a seguinte actividade: AS PARTES DOS CASTELOS.
Nesta actividade descubriremos as diferentes partes dos castelos de forma visual e lúdica utilizando fotografías e xogos, xunto coa sua pertinente explicación, xa que é unha forma moito mais significativa para eles.
O primeiro xogo que faremos será ter esparcidas por toda a aula tarxetas con imaxes de diferentes partes do castelo. Un neno ou nena collerá ao azar dunha bolsa un nome dunha parte do castelo (por exemplo, torre) e entre todos buscarán a imaxe correspondente por toda a aula. Unha vez que a atopen pegarase no encerado e poñeraselle o nome enriba. Isto repetiremolo con todas as partes do castelo.
O seguinte xogo que faremos será poñer na pizarra dixital o debuxo dun castelo e as nenas e nenos deberán sinalar as suas partes e poñer o seu nome.

Unha vez que as nenas e nenos teñen interiorizada esta información pasaremos a derradeira actividade, que será debuxar un castelo a través da poesía da autora Gloria Fuertes, "Como se dibuja un castillo".
Mentres esta poesía é recitada as nenas e nenos van debuxando libremente o que para eles é un castelo segundo o vai contando a poesía.
Finalmente colgaremos os nosos debuxos na aula ata que podamos pegalos no noso futuro castelo.

Comentarios