Segunda Sesión

Nesta segunda sesión, tras aprender que é un castelo e as súas partes, falaremos sobre as persoas que vivían nel e os diferentes roles que había. Esta actividade denomínase: OS ROLES DO CASTELO.

Nela faremos unha posta en común coas ideas que eles teñen sobre quenes vivían nos castelos e despois faremos unha división entre grandes grupos: os nobres, os campesiños e os bufóns.

Para que quede máis claro faremos un pequeno xogo utilizando a pizarra dixital. Nela aparecerán tres cadrados: o dos nobres, o dos campesiños e dos bufóns. E debaixo destes haberá mesturados diferentes personaxes e vivendas. Os nenos e nenas deberán decidir onde lle corresponde estar a cada un deses personaxes e porqué. (Por exemplo, se aparece unha raíña pertencerá aos nobres, ou se aparece un ferreiro pertencerá ao grupo dos campesiños.) 


Tras falar dos diferentes roles, crearemos unha pequena DRAMATIZACIÓN para recrear na saída de campo. O primeiro que faremos será decidir que papel vai a ter cada uno e despois crearemos entre todos un sinxelo guión para o teatro.
Unha vez decidos os personaxes e o guión ensaiaremolo para que todos sepamos o que temos que facer e dicir.


Para finalizar a sesión, como volta á calma, realizaremos O NOSO CASTELO DE ARXILA. Nesta actividade cada neno e nena terán 15 minutos para moldear ao seu gusto e tranquilamente o seu propio castelo.



Comentarios