Cuarta sesión - SAÍDA DE CAMPO

Como cuarta sesión desta unidade didáctica faremos a SAIDA DE CAMPO ao Castelo de Sobroso.
Para acudir a él, sairemos en autocar da escola ata chegar a entrada do Castelo.
Ademáis as nenas e nenos levarán calzado e roupa cómoda. Unha vez que cheguemos ao castelo darémoslles aos nenos e as nenas os seus traxes feitos na sesión anterior.

Unha vez que cheguemos á entrada subiremos camiñando ata o castelo pola ruta que se atopa no recinto, compartindo datos sobre a diversa flora e fauna que ao noso arredor se atopa.

Cando cheguemos a fortaleza entraremos no castelo e explorarémolo, mentres unha guía nos fai un percorrido por todo o castelo.

Nunha das salas principais do castelo, realizaremos a nosa dramatización ataviados cos traxes realizados anteriormente e mostrándollela así aos nosos compañeiros e compañeiras da outra aula que tamén nos acompañarán a esta saída.


Unha vez rematada a función e de percorrer o castelo por dentro iremos aos xardíns onde os nenos e nenas poderán almorzar.
Tras almorzar e sentados no xardín, realizaremos a actividade DEBUXA O CASTELO, onde o alumnado debuxará alí mesmo , como é para eles agora o castelo, despois de visitalo e tendoo diante dos seus ollos.

Para rematar esta saída, realizaremos unha BUSCA DO TESOURO. Dividiremos ao alumnado en 5 grupos de 10 e darémoslles unha tablet a cada grupo. Polos xardíns ao redor do castelo haberá colocados varios códigos QR. Cada vez que un grupo atope un código QR, este leerase con lector de QR da tablet e a aplicación darálle información acerca do castelo e realizará unha pregunta. Se o grupo acerta a pregunta, a aplicación daralle unha nova pista para atopar outro código.



Cando teñan atopados todos os códigos QR e contesten todas as preguntas, a aplicación indicará nun mapa do castelo onde se atopa o tesouro.

Finalmente este tesouro serán doces que compartirán todos os nenos e nenas.
Unha vez rematada a búsqueda, o autocar virá a recollernos e voltaremos á escola!



Comentarios