CONTEXTUALIZACIÓN DO BEN

O CASTELO DE SOBROSO


O Castelo de Sobroso esta situado na parroquia de Vilasobroso, no concello de Mondariz, aínda que actualmente pertence ao de Ponteareas, no sur de Pontevedra.

Construído no século XII sobre un asentamento castrexo, nunha ladeira do Monte Landin, a unha altura de 334 metros sobre o nivel do mar. Nesta situación estratéxica controlaba na época medieval as comunicación entre o interior e a cidade de Tui.
Está formado por un muro exterior de 140 metros, unha torre rectangular e un corpo residencial de dúas alturas, a parte superior para a nobreza e a inferior para o corpo de garda.

Foi máis coñecido en 1117 cando a raiña Urraca foi encerrada neste castelo polos partidarios do seu fillo o rey Alfonso VII, conseguindo finalmente fuxir cara Santiago de Compostela para pedir auxilio ao arzobispo Xelmirez.  Di a lenda que escapou por un pasadizo subterráneo que comunica o castelo coas ribeiras do río Tea. 

No século XIII foi cedido a familia de Sobroso e no século XV foi esceario da revolta irmandiña e prácticamente destruido, pero foi reconstruido por Pedro Madruga. En cambio na idade moderna perde o seu papel militar e queda abandonado ata converterse nunha ruina.

No século XX foi restaurado e en 1981 pasa as mans do concello de Ponteareas, ata o 2014 que está cedido a deputación de Pontevedra. Na actualidade podemos atopar no seu interior unha exposión permanente de vestimentas e útiles de diversos oficios tradicionais.

Para acceder ao castelo ao castelo farémolo polo portal principal que aínda conserva os escudos e dúas torres de vixilancia, unha a cada lado. O parque do Castelo de Sobros dispón ademáis dunha senda botánica de 1 kilómetro que rodea todo o recinto. Nesta senda atoparemos información sobre os recursos naturais de esta ruta.



Comentarios